Rafael Dieste

Rafael Dieste naceu en Rianxo no 1899. Aos dezaseis anos emigra a México para voltar axiña a Galiza. Traballa no xornalismo en Vigo, publica a súa obra en galego e, durante a Guerra Civil, colabora nas revistas da zona republicana (Hora de España, El mono azul…)

Rematado o conflicto, exíliase en Arxentina. A partir do 1950 exerce a docencia na Universidade de Cambridge e no Instituto Tecnolóxico de Monterrey (México). Tras unha nova e breve estancia en Buenos Aires, regresa a Galicia no 1961. No 1970 publica o seu discurso de ingreso na RAG, A vontade de estilo na fala popular, onde expón as bases lingüístico-estilísticas da súa creación: achegamento á lingua popular depurándoa de castelanismos. Morreu no seu Rianxo natal no 1981.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *