Introdución

A unidade emotiva consíguese no conto pola obsesión do que ten de sobrevir.

O remate ha de te-la virtude de facer simultáneas no espírito as imaxes que foron sucesivas.

A presencia do remate debe estar atafegada, pero latexando con forte resonancia en tódolos currunchos do relato.

O remate é unha imaxe que fai estoupa-lo conto nas verbas derradeiras, despois de inzalo poderosamente.

O conto é unha pelica na que se sente o pulso dunha imaxe contida.

O conto é o remuíño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *